Saturday 04 de May de 2024

O Concello saca a contratación as obras de aglomerado do camiño Vilar-Lobeira


Xunta e Administración local cofinanciarán os traballos, que requerirán dun investimento cercano aos 60.000 euros

O Concello de Neda vén de sacar a contratación as obras de acondicionamento do camiño Vilar-Lobeira. Uns traballos que requerirán dun investimento de 58.678,60 euros. Financiaranse con cargo á subvención do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 de Agader e con fondos procedentes do orzamento municipal. Así, a Administración autonómica contribuirá con algo máis de 42.000 euros en dúas anualidades, e a local, dirixirá uns 16.000 euros.

A intervención contempla a limpeza e desbroce das marxes do vial, o rebacheo dos puntos máis deteriorados e o seu aglomerado. Completarase coa instalación de canaletas transversais para a recollida de pluviais e traballos de pintado. Uns traballos cos que o Concello dará solución ao deficiente estado do firme derivado do paso do tempo.

O prazo de presentación de ofertas por parte das empresas está aberto ata o 10 de agosto, e o expediente pode consultarse a través da plataforma de contratación do sector público.